Pesquisar neste blogue

segunda-feira, 7 de janeiro de 2013

http://www.sermosgaliza.com/artigo/internacional/kavita-krishnan-temos-que-defender-os-dereitos-das-mulleres-sen-medo/20130106215202009271.

8 comentários:

  1. TEMOS QUE DEFENDER OS DEREITOS DAS MULLERES SEN MEDO

    ResponderEliminar
  2. Non me parece correcto que os homes utilicen o medo das mulleres,a ser violadas,para controlalas.

    ResponderEliminar
  3. Creo que todas as mulleres temos o mesmo dereito que os homes a vivir, vestir da forma que queiramos e estar nos lugares que desexemos e as horas que nos pete sen que a ningúen lle teña que parecer mal. Todos temos que protestar cada vez que unha muller é violada, pero moitísimo máis se o propio goberno non fai nada para evitalo, coñecendo os culpables, mira para o outro lado cando ten que castigalos. Tamén penso que os gobernos terían que promover leis e educar os nenos e nenas para evitar tanta discriminación machista.

    ResponderEliminar
  4. É inxusto e un insulto a os dereitos humanos porque en ningún momento se debe facer discriminación entre homes e mulleres, temos todo o dereito do mundo a vestir, a sair, a estudar sin que ningún home nos diga cando temos ou como temos que facelo.
    É triste que no siglo que vivimos as mulleres teñan medo de que as violen se non fais o que eles queren. Hai que tomar medidas para que non volva a pasar semellante cousa.

    ResponderEliminar
  5. Nestes países do terceiro mundo os homes teñen máis dereitos cás mulleres, pero non debería ser así. Alí, as mulleres non poden ir á universidade, saír soas á rúa, etc. Non poden protestar nin rebelarse! E por riba para que non o fagan ameázanas con violalas, como se fora o máis normal do mundo! E se o goberno di que a culpa é de elas e non castiga aos culpables mal vamos ...! Eu non aguantaría! Debemos manifestarnos para que isto remate.

    ResponderEliminar
  6. Paréceme moi inxusto que por ser muller, non teñamos a liberdade de poder saír das nosas casas cando nos apetezca, sen medo a ser atacadas ou violadas por xente que se cree, con dereito a facer das mulleres o que lles da a gana
    Esperemos que se chegue a un acordó entre todos os políticos e onde estas persoas que fan un mal irreparable, sexa xuzgadas e condeadas, que cumpran a condena ao 100%.
    Seguiremos loitando pola nosa liberdade.

    ResponderEliminar
  7. Entre homes e mulleres non debe haber discriminación, xa que as mulleres temos dereito a estudar, saír, divertirnos, vestirnos ao noso gusto, etc. Nos países máis pobres, os homes abusan das mulleres porque se creen mellores e porque consideran as mulleres inútiles. Aprovéitanse delas, e incluso as ameazan con violalas.
    Considero que esa situación é una humillación. Neses países o sexo masculino é o dominante, pero no ten porque ser así. Entre homes e mulleres debe haber una igualdade, que ningún dos sexos se subleve ante o outro. Que convivamos en paz.
    O goberno deses países, incluso nós, membros de países máis desenrolados, deberíamos axudar a esas mulleres a que deixaran de ter medo aos homes, que se rebelen e defendan os seus dereitos, porque ante o mundo todos somos iguais.

    ResponderEliminar
  8. Nestes países onde a inxustiza é sólida, as mulleres non teñen dereitos e precisan preguntar para facer calquer movemento. Están demasiado controladas, e tan só as poucas que atrévense a saír da súa casa, sufren violacións acompañadas por asesinatos.
    Ademáis tamén está o goberno destes países, que tampouco contribúen á situación. Xustifican os asesinatos dicindo que a culpa é da muller por saír da casa, o que fai que cada vez máis mulleres teñan medo e non vexan con claridade o que realmente está pasando.
    Nestes países, onde a discriminación á muller mantéñese moi firme, as manifestacións deberían ser moitas máis. Loitar polo que queren ata conseguilo.

    ResponderEliminar